Que isto se mova ... ... depende de ti !

A asociación de empresarios deste parque empresarial decideu apoiar as labores da plataforma N-550 e que teñen como obxetivo facer máis fluído o tráfico en O Milladoiro e disminuír así, as retencións producidas en calquer momento do día e que se agudizan en horas punta.
Ante as numerosas retencións que se están formando no propio núcleo urbano, tanto en Rosalía de Castro como na rúa Muíño Vello, que repercuten na saída da autopista e accesos a Santiago, a plataforma ve máis necesaria a súa labor. Para continuar, necesitan a adhesión de persoal cualificado en xestión de redes sociais e acadar así, unha maior difusión ao problema que afecta a todos os veciños de O Milladoiro e a gran parte da comarca.
Por agora estan dando frutos as xestións realizadas: recollida de firmas, mediación coas Administracións, étc. pero non son suficientes.
Na reunión que tivo lugar o cinco de xuño na Casa de Cultura de O Milladoiro, acordouse facer unha manifestación o xoves, 21 de xuño ás 20:00. O percorrido da mesma levarase a cabo dende a parte alta de Rosalía de Castro para baixar por un único carril accedendo a bordear a rotonda e subir no outro sentido ata a rúa Cruxa.
A colocación dun radar móvil, e proximamente un fixo, no tramo máis cercano á rotonda de Santiago na rúa Rosalía de Castro, fai que se modere a velocidade pero non alivia o problema de contaminación medioambiental e acústica nin as retencións no núcleo urbano.
As seguintes actuacións pasan pola regulación semáforica, o desvío de tráfico pesado dende a rotonda de As galanas cara a AG-56, a apertura da peaxe da AP-9 no tramo Santiago-Padrón, a construcción dunha dobre rotonda no acceso a Santiago (o que aliviaría embotellamentos de tráfico na rúa Muíño Vello e Agro do Medio) e a construción dun túnel. Todas as opcións son factibles, pero por causas orzamentales, inicialmente serán levadas a cabo as de menor custe. Para ter éxito se necesita que toda a poboación afectada se implique coas iniciativas. "Depende de ti e dos teus veciños que vivas nun lugar mellor"