Prácticas para alumnado de FP

 

Dende o IES de Pontepedriñao IES Xelmirez I, envían información para a realización de prácticas do seu alumnado na rama de comercio e marketing e informática, respectivamente.

A realización destas prácticas non implica ningún custe para ás empresas. Forman parte do plan de estudos e son consideradas un período de formación do alumnado nos centros de traballo. A Consellería de Educación asume os custes da contratación. Pola parte das empresas interesadas, simplemente se asina un convenio coa Consellería (a disponsición das empresas na oficina da asociación) sen que supoña desembolso algún. 

As datas contempladas para o desenvolvemento das prácticas serían do 1 de abril ao 11 de xuño de 2020.

 As empresas intreresadas en acoller alumnos tanto do ciclo superior de xestión de vendas e espazos comerciais, como de informática, para a realización das prácticas, deben comunicalo a Asociación de empresarios, vía correo electrónico,  antes do 5 de marzo 2020 para poder ter unha reunión coa directiva .

As materias impartidas na titulación de FP de comercio e marketing son as seguintes:

Curso Módulo profesional  
Formación e orientación laboral  
Inglés  
Investigación comercial  
Márketing dixital  
Políticas de márketing  
Xestión económica e financeira da empresa  
Escaparatismo e deseño de espazos comerciaies  
Formación en centros de traballo  
Loxística de almacenamento  
Loxística de aprovisionamento  
Organización de equipos de vendas  
Proxecto de xestión de vendas e espazos comerciais  
Técnicas de venda e negociación  
Xestión de produtos e promocións no punto de venda