Premio da categoría absoluta

Trofeo realizado por carpintería Marquez e Vilela e Ana Rosa Lista, unha mostra máis de arte

Tal e como se ven avanzando en todo este tempo, o trofeo do primeiro premio do certame de fotografía do parque empresarial do MIlladoiro será orixinal.           Só lle falta a placa     

Fruto das conversas con Ana Rosa Lista, mestra palilleira de renome internacional e agradecendo o soporte feito por carpintería Marquez e Vilela, púdose enmarcar unha cámara histórica feita de encaixe. Éste será un dos trofeos da categoría absoluta do certame fotográfico que as asociacións de empresarios de Ames en colaboración co Concello estan a levar a cabo.

Con base en madeira de nogal e fío fino logramos darlle forma a un trofeo que sen dúbida marcará tendencia dentro dos certames de corte cultural.

Lembramos a todas aquelas persoas que desexen participar que o prazo remata este venres, 22 de novembro. De ser gañadoras na categoría absoluta a placa que se incorporará á peza, levará o seu nome.

Dende as Asociacións de Ames queremos desexar sorte a todos os participantes.