Punto Limpo: Reciclar no concello de Ames ten premio

O Concello de Ames puxo en marcha o proxecto Tropa Verde. Esta iniciativa, presentada Punto Limpo deste parque empresarial, pretende concienciar aos veciños de Ames da importancia da reciclaxe e a correcta xestión dos residuos. O proceso para participar é moi sinxelo. Os participantes teñen que inscribirse a través da web tropaverde.org. Cando leven os seus residuos ao Punto Limpo, obterán un cheque con un código que deberán introducir na mesma web. Entón, recibirán uns puntos “estrelas”, que se poderán canxear por produtos e descontos en algúns establecementos de comercio e na hostalería local. A Tropa Verde conta cunha rede de máis de 63 establecementos colaboradores.
Tratase dunha campaña transversal na que están involucrados varios departamentos municipais como son o de medio ambiente, servizos básicos e o de comercio. 

Tropa Verde é unha plataforma multimedia que ten por obxectivo fomentar a reciclaxe e a responsabilidade ambiental entre a cidadanía premiando de forma directa as boas accións medioambientais. A web www.tropaverde.org conecta os tres elementos necesarios para conseguir dito obxectivo: a cidadanía; os lugares onde os cidadáns e cidadás poden depositar residuos e onde lle entregarán os cheques da Tropa Verde; e aqueles comercios e establecementos de hostalaría que colaboran aportando agasallos e/ou descontos.

Web tropa verde en Ames

Twiter Tropa Verde
Facebook tropa verde


O funcionamento é moi sinxelo: cada vez que calquera cidadán deposite un residuo (nos lugares que se indican no apartado "Gaña estrelas" da web) recibe un cheque con estrelas (puntos). Esas estrelas pódeas ir acumulando na súa conta para trocalas por descontos e agasallos que aparecen no apartado "Recompensas". As recompensas apórtanas os comercios e establecementos de hostalaría que colaboran como patrocinadores da plataforma.

Faite usuario da Tropa Verde
O proceso para participar nesta campaña e formar parte da Tropa Verde é moi sinxelo. Os participantes teñen que darse de alta como usuarios/as a través da web www.tropaverde.org ou na páxina de Facebook de Tropa Verde Ames. Unha vez cumprido este trámite pasarán a formar parte desta iniciativa. Cando leven os seus residuos ao Punto Limpo do Milladoiro, obterán un cheque cun código que deberán introducir na mesma web. Entón, recibirán uns puntos, chamados “estrelas”, que se poderán canxear por produtos e descontos no comercio e na hostalería local. 

Tamén se poden conseguir puntos “estrelas” depositando residuos nos tres Mini-puntos limpos que están situados na avenida da Maía, en Bertamiráns, e na rúa Travesa do Milladoiro. Neste caso hai que sacar unha fotografía depositando ditos residuos nos Mini-puntos limpos de Ames e enviala ás redes sociais da Tropa Verde ou ao enderezo info@tropaverde.org. Nestes pequenos puntos pódense depositar: CDs e DVDs, cartuchos de impresora, teléfonos móbiles e cargadores, aparellos eléctricos e electrónicos, pilas ou bombillas baixo consumo led. Depositando aquí os residuos conséguese un cheque de 30 estrelas. 

A terceira opción para conseguir puntos “estrelas” é chamar ao servizo de recollida de voluminosos e enseres a domicilio. Para dispor deste servizo os cidadáns teñen que chamar ao número de teléfono 981 19 12 40 e deixar o voluminoso que queren reciclar xunto a un colector que estea preto da súa vivenda. Deste xeito, conséguese un cheque de 30 estrelas. Para iso débense deixalos datos cando se chame o servizo de recollida para facer chegar vía correo electrónico ou a través do correo postal o devandito cheque. 

Asemade, dende o Concello están estudando novas formas de poder conseguir puntos “estrelas” con outras acción de reciclaxe e tamén ampliar os premios dos que se poderán beneficiar os veciños e veciñas. A web da Tropa Verde irase actualizando segundo se incorporen colaboradores e lugares onde acadar cheques. Os establecementos colaboradores estarán identificados cunha pegatina na porta.