Dende o mes de outubro o polígono ten a saída de Coria arreglada

Dende outubro podemos ver arranxada a saída cara a aldea de Coira e de Ventín, que leva a un acceso (Pardiñas-Paramuíño) da autovía pouco concurrido. Esta saída xa era usada de forma habitual por turismos e pequenas furgonetas, pero tiña moi danado o pavimento e as pluviais transcorrian libremente polo asfalto.
A mellora consisteu no acondicionamento do asfalto dos dous carrís de 3 metros cada un. O firme terá 20 centímetros de zahorra e 15 centímetros de grava. Finalmente estendeuse unha capa de aglomerado de 6 centímetros de espesor en toda a calzada. Pola marxe dereita da vía, executouse unha cuneta de seguridade, revestida de formigón e canalizaronse as augas pluviais. Deste xeito aumentarase a seguridade viaria, tapando a cuneta que estaba en terra e que tiña gran profundidade e corrixindo o peralte da curva máis acusada do tramo cunha cuña de aglomerado de 6 centímetros de espesor medio.
A Asociación empresarial do Parque Empresarial do Milladoiro ten sinalado en reiteradas ocasións a necesidade de dotar ao polígono de mellores accesos. Así, en xuntanzas con membros do goberno municipal destacaron a necesidade de abrir novos acceso ao polígono, dado que en horas punta se colapsa a rúa Muíño Vello no carril de saída cara a Santiago, a saída que usan a que usan a maioría de turismos do parque empresarial.
Concello de Ames: acceso ao polígono do Milladoiro dende a estrada Ventín-Coira
Zona donde se aplicou a medida, vista en