Segundo Rey, SL gaña o premio á Distición Empresarial AEPEM

A Asociación de empresarios do Parque Empresarial de O Milladoiro otorga o Premio á Distición Empresarial AEPEM deste ano á empresa de diseño en cociñas e baños, Segundo Rey, SL,

 

A apaixoante celeridade das novas técnicas de construcción dou como resultado que o concello de Ames fora un dos de maior crecemento de toda Galicia dende fai 20 anos. O enorme impacto que tivo nas nosas vidas a creación do polígono de O Milladoiro á vez que o propio pobo medraba, fai que o compromiso social da Asociación de empresarios do parque empresarial de O Milladoiro deba ter un papel extraordinariamente activo para que as empresas poidan alcanzar competitividade e sigan creando emprego.

Como mericida recompensa pola cooperación á creación e crecemento deste Concello, a AEPEM en colaboración coa corporación local, decideu poñer en valor as empresas que axudaron a conformar Ames e otorgar un premio a o empresario representativo dos moitos que forxaron este pobo, de ahí que fagamos o acto de “Distición Empresarial AEPEM”, en palabras do presidente da Asociación: "axudando a crear conciencia de colectivo empresarial". 

O ánimo e anticipación en abrir camiños de futuro define a Segundo Rey, por iso é un referente para todos e o fai merecedor deste premio a toda unha traxectoria. Dende 1989, a empresa de materiais de construcción que dirixe evolucionou adaptándose as novas tendencias en deseño, asumindo proxectos con grandes promotoras e entidades públicas, sen olvidar a vivenda unifamiliar. Abarca gran abanico de gamas en baños, cociñas e pavimentos. Cun amplo equipo profesional ao seu cargo, é unha das empresas màis competitivas no sector o que fai se teña en conta en tódalas grandes obras.