XORNADA: MOBILIDADE SOSTIBLE EN ESTRATEXIAS URBANAS INTEGRADAS

Circulación urbá: acesibilidade e planeamento da mobilidade e da sustentabilidade dos transportes nas áreas metropolitanas, centrándose na comarca de Santiago. A organización e optimización do transporte coletivo e a súa cohexión cos restantes medios de transporte.

XORNADA: MOBILIDADE SOSTIBLE EN ESTRATEXIAS URBANAS INTEGRADAS

O mércores día 25 de abril, en horario de 10.00 a 18:45 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, en Ames.

O obxectivo desta xornada de traballo é reflexionar e contrastar propostas concretas sobre experiencias vinculadas á mobilidade urbana e á conectividade entre diferentes núcleos de poboación metropolitanos, como é o caso do concello de Ames. A mobilidade sostible é un dos obxectivos temáticos das estratexias de desenvolvemento urbán de toda Europa, e en Galicia, pola elevada dispersión dos núcleos de poboación, cobra unha especial relevancia. Esta iniciativa de comunicación enmárcase dentro da EDUSI Impulsa Ames, cofinanciada mediante o Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014- 2020.

A xornada está dirixida, en primeiro lugar, á cidadanía do municipio de Ames, que forma parte da necesaria dinamización e participación social na procura de solucións eficientes e eficaces. En segundo lugar, a xornada está aberta á participación de técnicos urbanísticos, profesionais da mobilidade e arquitectos, así como a calquera persoa interesada na temática que se vai tratar.

Poderán formalizar a súa inscrición no correo jornada.movilidad@ames.gal.

Outros concellos que presentaron o plan de mobilidade recentemente concluiron que as grandes liñas de traballo centraranse en limitar o uso dos coches a favor dos peóns, serán  accións dirixidas a darlle máis espazo aos veciños, xa que con estos plans intentarán lograr reducir os desprazamentos privados en favor do transporte público e fomentar os ecolóxicos. 
Como medidas soen estandarizar as tarxetas de transporte colectivo, tarifas planas para os usuarios, o novo deseño de paradas, creación e mellora do carril bici, etc. e melloras nas vías de comunicación: accesos a polígonos, hospitais, administración pública en xeral.

En xeral, o PMUS asegura un equilibrio entre as necesidades de mobilidade e accesibilidade, ao tempo que favorece a protección do medio, a cohesión social e o desenvolvemento económico (principios da mobilidade sostible).


Programa